``Cuando un verdadero genio aparece en el mundo, lo reconoceréis por este signo: todos los necios se conjuran contra él.´´ La Conjura de los Necios.

martes, 13 de marzo de 2012

ABC debe pedir perdón.

   Hoxe é un novo día. Nas redes sociais o tema segue sonando con forza pero non se volveu escoitar nada na prensa nin en certo blog. Dudo moito que esta señora me volva nombrar aínda que eu tardarei en olvidarme dela. A nosa curta romance deixoume marcado de por vida. Para túa información teño 17 anos, non 15 como dis. Non che vou decir nada polos teus outros asuntos políticos porque non veñen ao caso. Vexo que lle tes manía a Cuba e a Galiza Nova, pero non tes ningún inconveniente en que se lle fagan homenaxes ao señor Manuel Fraga. Igual non o sabías pero este homiño tan bo foi franquista toda a súa vida. Hoxe o tema non es ti asique non che vou dar máis fama. Xa che regalei unhas cantas visitas no teu recuncho de internet.
  ABC parece que o de manipular dáselle de marabilla. Nunha noticia, o día 9 de marzo, decían: ``Callón respalda el manifiesto xenófobo que excluye como gallego a quien habla español.´´ Dende aquí chamo a todos a que leades o manifesto e xuzguedes vos mesmos. A única xenofobia que hai é a vosa criticando sempre, sen razón, aos sectores que pensan diferente. Esta xa non é a primeira barbaridade que decides en contra do noso idioma. Durante o primeiro ano de Feijóo manipuláchedes todas as noticias que fixéchedes sobre as manifestacións en contra do decreto. O voso dereitismo faime sentir un noxo tremendo pola prensa española. Case todos os vosos xornalistas seguen tendo a mentalidade de 1903. Saíndome do galego sigo sen entender porque lle chamades dictador o Presidente elexido democraticamente Hugo Chávez.
  Remato decindo que en twitter moitas persoas se sumaron a nosa causa e que espero que se acabe con estas inxustizas dunha vez por todas. O noso manifesto é o GAÑADOR e punto. Se tanto vos doe a chorar para outra parte. Sigo esperando unha desculpa para todos os que colaboramos no manifesto.
  Recomendo que lle botedes un ollo a estes outros blogs:
http://albertorincon5.blogspot.com/
http://ocadernodospensamentos.blogspot.com/
http://quendixoqueafelicidadenonexiste.blogspot.com/2012/03/loita-de-palabras.html


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario